letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de política de asfalto - dios ke te crew

Loading...

– churras, churras! vide, vide! churras, churras! chuurras…

[…]

– aí veñen. aí veñen, maría! ¿velos?. outra vez, outra vez. ¡madre que os paríu!

– déixao estar oh!

– madre que os fixo… se quedaran na casa, xa están enganando a xente outra vez…

– é o seu

– … mentíndolles…

– xa sabes que é o seu

– …mentíndolles o que non é… o que non é!

– pois claro que non é. non é!

– mentireiros de merda…

– son uns mentireiros, é de nacemento…

cantas veces eu pedín ao concello aquela farola

e non houbo maneira, aínda hoxe non foi hora

aínda hoxe pola pista pasa medo a miña nora

aínda hoxe chego coas botas cheas de lama á porta

e non me importa o que poidan dicir eles

que vaian apañar chapapote, que ensinen os papeles

que non me veñan co conto outra vez nas eleccións

nunca máis… nunca máis eses cabróns

entrarán na miña terra na busca de votacións

política de asfalto, sufraxio universal

compras o meu voto, vesme á casa buscar

política de asfalto, sufraxio universal

chegan as eleccións vamos en bus a votar

asfáltame a eira a cambio do meu voto

cómprame con axudas que xa me pertencían

fai un trato comigo, di que es o meu amigo

prométeme esa subvención que nunca verá o meu ombligo

dáme a man e dáme unha aperta, forte

que che vaia ben, roque, e que teñas sorte

xa nos veremos dentro de dous anos nas munic-p-is

ou nas n-z-onais…

política de asfalto, sufraxio universal

compras o meu voto, vesme á casa buscar

política de asfalto, sufraxio universal

chegan as eleccións vamos en bus a votar

excursión do imserso en campaña electoral

sacas os vellos da casa e lévalos a votar

cheeee! para o carro, frea un pouco!

que a túa política cheira moito!

apestas a cacique, fódeche que che replique?

pois espera a que me pique e aplique o estoque da miña psique

emborrona o teu enfoque

enfócame co foco mentres me quito un moco

e o pego na foto do teu retrato

sentado todo pancho no sillón do teu desp-cho

macho, mira que te coidas, e nunhas cadeiras, e nunhas madeiras

e nunhas excusas pp petroleiras

chuparás, chuparás e chuparás do teto

ata que che rompa o peto

pero recorda que a avaricia rompe o saco

e tamén podes quedar seco en alcalá meco ou en teixeiro

líder das finanzas, xa me gustaría verte pagando fianzas

e que saíse máis tarde nas noticias, xa o estou vendo:

“- respectable alcalde do pobo, princ-p-l implicado nun delito de roubo e suborno”

érache mellor que fixeras unha peli p-rno

ou que tiveras un desliz coa túa vicaria no servizo do gerardo

incluso, que sairás por televisión liando e fumándote un bo petardo

un petardazo aí na televisión, alcalde!

politica de asfalto, sufraxio universal

compras o meu voto, vesme a casa buscar

politica de asfalto, sufraxio universal

chegan as eleccións vamos en bus a votar

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...