letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de og - dios ke te crew

Loading...

[letra de “og” ft. boyanka kostova]

[retrouso]
son un og…
orixinal galego…
son un og…
orixinal galego…

[estrofa 1: sonny socrett]
son máis galego que o feísmo
atrévome a dicir que ata máis que o caciquismo
non te achegues por aquí se non queres ver muralismo
porque son un og, avant-garde dos que inventan ismos
“ogismo”, este tema é o manifesto
un emblema para que poida seguir o resto
un sistema superchovinista, crema
para que untes nesa autoestima tan enferma

[estrofa 2: ivaylo]
son máis galego que un cego de licor café
que ir a misa un domingo е ao saír ir a beber
máis galego quе o “xénese” de dktc
que o fondo azul cas gaivotas do pp
og como un patrón con boina e con bastón
que a túa avoa con gorro pesqueiro e mandilón
andando como fraga con paso vacilón
se ves falando castrapo, os og´s din, “así non”
[estrofa 3: xabier “can de palleiro” moubiña]
chegan os ogs, denominación de orixe
como a fariña do país, chegan os big pimps
coma patróns, facendo lowrider en chimpíns
matando peregríns con chanclas e calcetíns
orixinal galaicos, coma movendo os marcos
releando na feira, niso nunca fomos mancos…
din que non se sabe se subimos ou baixamos
perfecto, como nos gusta facervos parvos

[estrofa 4: jamiro “molladas” de santa]
son máis galego que un polbo nunha palleira
ou que un polbo á feira sobre un prato de madeira
ou que unha bañeira nunha leira de bebedoiro
ou que ter morriña primeiro e logo xenreira…
son tan galego que se subo, subo pa’ arriba
se non hai fallo baixo abaixo máis ancho que un rancho;
a cooperativa og non ten desp-cho, temos sede…
sede de beber nalgún furancho

[retrouso]
og…
orixinal galego…
son og…
orixinal galego…
[estrofa 5: roman ciciĉ]
son un og…
de ordes a santiago cheira a dios o que lle botas ao piti…
da igrexa ao ximnasio vou pensando en botarche un quiqui…
se nos xuntamos pasan cousas que non pasan porque son un og…
un og…

[estrofa 6: ivaylo]
calidade no sangue e na carne como a tenreira
os ogs están na taberna co licor de herbas
vella escola, botando esterco e pisando bosta
nova escola, crense gangstas e son de santa comba
orixinal galego como os guiris en santiago
como ir limpar o monte ao teu terreo privado
rimando con frases célebres e memorables
como o puto rajoy no congreso dos diputados

[estrofa 7: sonny socrett]
máis galego que un somier exercendo de cancela…
og, ti gasta as pelas no leroy merlín;
máis galego que a diglosia, esa mesma
pola que te mereces con creces esta boa hostia…
máis que un ultramarinos-café-bar-
ferretería-concesionario no mesmo pack
e máis, que o miño que o sil, que o sar e que o cabrón
máis que murdock, jamas, cibrán, chicho e o mourón…
[estrofa 8: xabier “can de palleiro” moubiña]
máis galego que a operación nécora
máis que o mal de ollo, non me mires, mala pécora
typical galician como o lacón con grelos
colgados e afumados, recheos coma botelos
vai por ghocevellos, ti oes visións…
máximo expoñente como o bocadillo de rixóns
ogs como o albariño, o godello, o ribeiro
pura sangue da filloa, son puro can de palleiro

[estrofa 9: jamiro “molladas” de santa]
orixinal, sen data de caducidade
dálle reprís, sebastián, lárgalle bits sen piedade
os ogs rimamos inda que ninguén escoite
disque os vagalumes brillamos na noite…
costumes; como facer dun galpón un casoplón
en ben menos do que tarda en cantar un galo
só pura sorte? estás equivocado
se a brúxula sinala o norte será por algo…

[retrouso]
og… (og, og, og…)
orixinal galego… (og, og, og…)
son un og… (og, og, og…)
orixinal galego… (og, og, og…)

[outro]
[?] dios ke te crew e boyanka kostava estilo filolo robando langostinos de barres, un sitio apasionante, gracias a todas, que guapas… (og, og, og…)

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...