letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de 15.680 - dios ke te crew

Loading...

[letra de “15.680”]

sinto amor por un pobo que non ten nada especial
por non ter, non ten nin sequera pistas
unha carreteira nacional a que dá nome franquista
atravesa este desastre de revista
brutal! non temos cine nin tampouco praia
nin monumentos que atraian ós putos turistas
no seu [?] unha boa industria textil
pero con tal amancio é difícil resistir

en ordes temos un bar para cada catro
ben servidos imos a
se queres plutonio enriquecido
e non sabes onde atopalo
o chocolateiro está aberto todo o ano

ordes. onde? ordes
onde a miña nai pechou os ollos
ordes, ese pobo onde falta de todo pero coa xente sobra
onde naceu dios ke te crew, onde naceu a peñorra

[retrouso]]
ordes, terra de caciques e de bo xantar
temos un dique por bandeira
ordes, terra de caciques e de bo xantar
tódolos mércores hai feira
ordes, terra de graffitis e do mellor rap
dios ke te crew somos bandeira
ordes, terra de graffitis e do mellor rap
fogar do gran manuel ponte pedreira
se preguntan de onde es e respostas “de ordes”
pode que despois escoites algunhas das seguintes frases:
“entre santiago e coruña?”, “o [?] son os putos fachas”
“de alí é [?]”, “e teñen uns murais que [?]”
pero algún din que a frase que máis se lle repetiu foi:
“de dende dios ke te crew”… maila nai que me pariu!

embaixadores sen querelo deste puto concello
un amor-odio con orgullo que me reflexa no espello
representamos a este pobo aínda que algúns non lles guste
somos froito do loito de todo moito que nos cuspen

así que disculpen pola traxectoria
mais imos seguir facendo pra cambiar a historia
para acabar coa escoria, para facer memoria
mortos nas cunetas inda hoxe agardan gloria
mentres cada ano sempre o fascista é lois
o alcalde de turno a rezar lle foi

[retrouso]
ordes, terra de caciques e de bo xantar
temos un dique por bandeira
ordes, terra de caciques e de bo xantar
tódolos mércores hai feira
ordes, terra de graffitis e do mellor rap
dios ke te crew somos bandeira
ordes, terra de graffitis e do mellor rap
fogar do gran manuel ponte pedreira
[inacabado]

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...