letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de paparrexo - xmaseda65

Loading...

escribo esto porque quero que o escoites antes de irte
teño medo de que facelo poda preocuparte
aínda que en 18 anos nunca te vin triste
a positividade era a túa forma de coidarme

de coidarnos, de coidarte
ir pola vida cun sorriso sen importar o problema que estivera diante
como cando me dixeches que eso do cáncer
eran só unhos bultiños que iban ter que quitarchе

que o resto seguiría como antеs
pero joder, pasa o tempo e nada é como antes
o sábado pasado non podías nin levantarte sen que viñera papa para axudarche

non hai cousa na vida máis triste e desesperante
que ver como alguén que queres perde luz ata apag-rs-
doulle grazas a deus porque tu aínda non te apagaches
co forte que fuches sempre sigo confiando en que tardes

xa fai dous meses que escribín o de antes e un que nos deixaches
decirche eso daquela non ía ser bon pa naide
así que preferín intentar disfrutar de
ti todo o posible ata que o momento chegase

e chegou, chegou o 24 de decembro
todo foi moi rápido e á vez moi lento
pasáronme pola cabeza un millón de momentos
que quero inmortilizar para que non mos joda o tempo
aínda que todo nesta vida o jode o tempo
queremos loitar contra a morte e nacemos perdendo
queremos transcender da materia e ser eternos
pero po somos e en po nos converteremos

o peor é que o sabemos, aínda que faigamos como que non
non te podes dar unha idea do que te boto de menos
teño medo de olvidarme da túa voz
oxalá poder tatuarma como a túa mau coa do neno

teño medo de olvidarme dos paseos, dos segredos
desas cousas que só sabiamos os dous
deses barcos que pintabas na praia que hoxe é cemento
deses dias xa na ría antes de que saíra o sol

quedáronme gravados na retina
os paseos chorando no porto pa que non me viras
cando xa sabiamos que seria cuestión de días
e o único que queriamos era que non sufriras

papá chorando por todo o que te quería
con palabras forzadas dicindo que era lei de vida
mentres eu só podía pensar en que non volvería
ver son goku no sofá apoiado na túa barriga

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...