letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de o creador - willow (ghz)

Loading...

entende que esto respalda cada palabra que solto
son eu e coma min un cento, pero nun cesto
e vai dentro un mais, só que vou contra min mesmo
e son eu quen vai, crece-lo mar de entre o cemento
respeito, amor e raiba. esta tormenta quen a amaina?
a ver o monte quén o queima?
a ver nun chyper quen me aguanta?
todo o día dando largas, mentiras que xa cheiran
wake up, fai algo coa túa vida
que levas demasiado coa cabеciña escondida
que así non se vai cura-la fеrida
se sigues sendo escravo das súas expectativas
que cando tiña a todos cerca
mantiña pechada a porta
agora volve a estar aberta
por se deciden vir de volta
i eu sigo f-xindo, estou feito un escapista
non tou nos bares ando a preparar conquista
cos beats a lume, tolo, pasando revista
vai tan mallada que me colle nunha pista
o insta é a cárcere da cultura
youtube metáfora de ditaduras
músicos rallando en twitch para paga-las facturas
en pouco tempo non lles fai falta censura
puras rimas crudas, quen me atura agora?
tou collendo altura, tou pedindo a bola
foi por disciplina, non por carambola
respeita a doutrina, tas no rap game, hai que porlle horas
debes ter mais modales, ou comerás molares
rapeando puro flow, falando subnormales
darío o creador (tamale, tamale, tamale)
aka resposta, iverson allen
flipas co polen de alain, non sabes de onde salen
so sabes que van crudas, entre beef e verdade
vimos arde-las neves, durmimos nos portales
nin ti nin o teu grupo ides conseguir que me cale
tres anos na cova pra que fale, agora que calen
que esta raiba que no peito boura
e de correr detrás da cenoura da liberdade
asinou na miña pel, eu non tou feito de papel
que non me estrane, que non me dane
que non me preocupara que se quede
que nada mellorara cando acabe
nunca mellora nada cando acaba
aquí ven outra crise de ansiedade
a ver se non se me nota na cara cando lles diga a verdade
tou a tirar todo en matrículas que non aproveito
joder que complicao facerse un home de proveito
e menos mal que teño casa, que teño teito
e unha familia que pon diante o peito
tou a tirar todo en matrículas que non aproveito
joder que complicao facerse un home de proveito
e menos mal que teño casa, que teño teito
e unha familia que pon diante o peito

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...