letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de non eres ti - triángulo de amor bizarro

Loading...

[estrofa 1]
a vida é como unha partida
na que se xoga con cartas marcadas
da igual o que f-gas my n-gga
dende o comezo estaba amañada

busca unha saída de escape
e finxe que a tes controlada
acabarás pedindo axuda
coma o resto de tontolabas

mentres tanto escolle un sendeiro
podes ser médico ou enfermeiro
cómprate un piso, un terceiro
e adopta un can de palleiro

busca un soño, non s-xas parguela
apunta alto, serás unha estrela
o próximo biggie ou nelson mandela
algo que deixe pegada na terra

[estribillo]
e cando falle busca unha pedra
busca unha ventá pa tirala e rompela
busca un ideal ao que aferrarte
busca unha praza e un estandarte
cando amaneza
e arrinquen os motores dos tanques
o mundo buscará a alguén, oh si
pero ese alguén non eres ti

non eres ti
non eres ti (non eres ti)
non eres ti (non eres ti, non)
non eres ti

[estribillo]
cando todo falle busca unha pedra
busca unha ventá pa tirala e rompela
busca un ideal ao que aferrarte
busca unha praza e un estandarte

cando amaneza
e arrinquen os motores dos tanques
o mundo buscará a alguén, oh si
e podo ser eu

[estrofa 2]
no noso peor ano
na nosa peor noite
sentímonos estranos
e non hai ninguén que nos escoite
vivimos encerrados
mirando ao horizonte
esperando sentados
a que o destino nos encontre

pero o futuro hai que ir a por el
hai que domalo como curioso corcel
queres construir a torre de babel
e en vez de cemento utilizas papel

[estribillo]
cando se derrumbe busca unha pedra
busca unha ventá pa tirala e rompela
busca un ideal ao que aferrarte
busca unha praza e un estandarte

e cando amaneza
e arrinquen os motores dos tanques
o mundo buscará a alguén, oh si
pero ese alguén non eres ti

non eres ti
non eres ti (non eres ti)
non eres ti (non eres ti, non)
non eres ti

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...