
letra de silencio - tenue (esp)
[letra de “silencio”]
os decorados derrúbanse
patético espectáculo
a opacidade do velo racha
polos cortes do puñal
pero ninguén mira, pois os ollos
inundaríanse ante a barbarie
filtramos a información á que accedemos
incapaces de asumir
o nivel de violencia que xeramos
vivimos pola morte de outros
pola sangue de outros
pola suor
desesperaríamos só de pensalo
profundamente durante trinta segundos
nada pode xustificar
este mundo e a súa entelequia
se gardásemos silencio durante trinta segundos
escoitaríamos os berros enxordecedores
de cada pobo anulado polo terror do estado
de cada corpo desgarrado polas atrocidades do patriarcado
de cada cerebro consumido pola vida asfixiante do traballo asalariado
de cada animal engaiolado polo hedonismo humano
só trinta segundos en silencio
escoitando co corazón na man
a ansiedade sería insoportable
a ansiedade sería insoportable
letras aleatórias
- letra de os olhos do meu pai - diante do trono
- letra de resíduo fundo - tribo de jah
- letra de é meio complicado - sandra gutierres
- letra de silvio santos para presidente - rafael castro
- letra de a volta do seresteiro - zilo e zalo
- letra de espantalho - reimann
- letra de não me procura - alan e aladim
- letra de só sei amar você - pe. fábio de melo
- letra de no embalo da cachaça - rionegro e solimões
- letra de estrela do meu clip - marcelo