letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de berro colectivo - sondarúa

Loading...

hugo guezeta:

xa fixemos a colabo, aliñáronse os astros

celtas renacendo deses verdes castros

corenta en bastos, espíritu de ”cinco talegos”
cinco galegos e un meio vasco

puro combate, non hai escape, porque imos a morte
que nos delaten, o cora(zón) late sempre en cada corte

desobedecer coma deporte
, dilles
que non somos “stark” pero mandamos no norte

imos fortes neno, loitando pola terra sempre
outros por vender, venderon á súa xente

proclámanse os mellores pero creo que non

son farsantes perdedores coma juan guaidó

cagho en to’, despois de facer este puto tema
só falta tomar a xunta e liscar a feijóo

eiquí dise caralludo non “amazing bro”

só rimo en castelán se mo pide kase o

petrowski:

dando couces a racistas, como eric cantoná

son o “rookie” malfalado que reventa co seu track
chámame “puto toyaco” que xa tanto me dá

que eu só creo no dereito de vivirmos en paz

con resaca emocional, esta merda xa cansa
primeiro foi traxedia, renaceu como farsa

morra o mal goberno, hai que facer que todo arda

o seu inferno, a nosa única esperanza

(retrouso)

dixéronnos que non se podía
tentaron silenciarnos dende que fomos cativos
vemos inxustiza cada día
para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos

que nos protexía a policía, protexen ao poder, o pobo sempre ferido
coa nosa memoria como guía
, van escoitar ben forte este berro colectivo

alex arnoso:

sondarúa ezetaerre
, soltando versos combativos
para que a peñita berre, erre que erre, canto en galego
non me vou mudar de lingua para ver se me pego

vimos de abaixo, chego ata o ceo, aquí non vexo deus
xa non encaixo, xa non vos creo, os medios minten, meu
inda e ferreras son os dous do mesmo dono
ambos pensan o mesmo aínda que lle cambien o tono

pr-nunciamento no ano trinta e seis
pero o das urnas en cataluña un golpe de estado

“a por ellos!” din os que só cumplen leis

logo van dar hostias todos enfarlopados

garchuvique:

cos dous de sempre, medo me dá

a colabo máis ansiada que a volta da rda

pillaron ós seus fillos escoitando os nosos tracks

e pediron que aplicaran o pin parental

o plano temporal non podo entendelo
fascistas sen complexos, entre risos no “hormiguero

nin un peso no peto, pero cremos no que temos

este tema nos teus cascos, a revolta no tinteiro

(retrouso)

dixéronnos que non se podía
tentaron silenciarnos dende que fomos cativos

vemos inxustiza cada día
para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos

que nos protexía a policía, protexen ao poder, o pobo sempre ferido

coa nosa memoria como guía
, van escoitar ben forte este berro colectivo

juan:

mira a eses tres, con eses dous, ¿que andan argallando?

agora aplauden forte os que quixeron enfrentarnos
que non somos rivais como soñaron uns cantos

xa teño vinte e tantos para andarme con teatro
s

ei sí, que non temos rival
imos poñer a don patricio a estrear o gulag
sobra medio panorama e moito intelectual

ezetarre sondarúa na caluga de abascal

todos (ponte a retrouso)

sen parar ate crebar tódalas fendas

que no rap da terra xa somos lendas

mellorar, facelo para que transcenda

que as nosas rimas non están á venda

uns botando cara, enganando seguidores

nós puxémola na rúa, que será a que nos coroe

branco e negro o panorama, pois sacámoslles as cores

connosco na partida xa comezan en “game over”

(retrouso final)

dixéronnos que non se podía
tentaron silenciarnos dende que fomos cativos

vemos inxustiza cada día
para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos

que nos protexía a policía, protexen ao poder, o pobo sempre ferido

coa nosa memoria como guía
, van escoitar ben forte este berro colectivo!

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...