
letra de torre de almasí - sés (galicia)
se mañá espertas nunha torre de almasí
abres a xanela e ves o mar
non teñas présa por escapar
non, non, non, non, non
durme o soño feito para ti
beben neses bares en que non ousan entrar
almas coa presenza do marfín
corpos que nunca dixeron si
non, non, non, non, non
mentres que tolean por sanar
o temerario non é catar
o triste é non vivir
o heroísmo non é secundar
é resistir
o gris é un colchón pra descansar
mais sempre é gris;
e no contraste non te perdes
na néboa si
se o auditorio non apalude ao teu favor
e as enquisas todas pintas mal
non teñas présa por asinar
non, non, non, non, non
pactos para a sodomización
apostar mellor pola franqueza do anormal
invertir en carnes de canón
non opera a época na oración
non, non, non, non, non
darlle comandancia ao asocial
o suicida non é cuestionar
é asentir
nada máis deshonroso que acatar
nin máis ruín
o gris é un colchón pra descansar
mais sempre é gris;
e no contraste non te perdes
na néboa si
o temerario non é catar
o triste é non vivir
o heroísmo non é secundar
é resistir
o gris é un colchón pra descansar
mais sempre é gris;
e no contraste non te perdes
na néboa si
letras aleatórias
- letra de run man - kasko lunsford
- letra de they don't make 'em like that no more - travis tritt
- letra de teenagers are assholes - the meat purveyors
- letra de bestowed upon the void - prey for nothing
- letra de it means beautiful - michael beatty
- letra de fruny - aztile
- letra de delivered (p. gucci thief x smashthelikey) - ilyicee
- letra de the body and the mind - persephone
- letra de ex-men - sad girlz club [la/sd]
- letra de circles - solven