
letra de diante un eco - sés (galicia)
sinto a realidade
como faca de pastor
como soga, como agulla, como dardo
sinto a súa verdade
como axente isolador
como golpe, como tiro, como estalo
sinto a crueldade
cando atendo ao meu redor
como ruído, como estrondo, como caos
non busco piedade
busco un mínimo rubor
entre o inmundo que nacíu do humano
tempo e tempo atrás
diante, un eco
un corpo sen mans
e un río seco
tempo e tempo atrás
diante, un eco
un corpo sen mans
e un río seco’
vexo a claridade
agochada na atención
como torre, como estela, como faro
oio a suavidade
no desgarro do cantor
como flor, como caricia, como engado
sinto a identidade
rebulir nos meus pulmóns
como sopro, como brisa, como fado
noto a miña idade
na renuncia á solución
remitíndome a calquer pasado
tempo e tempo atrás
diante, un eco
un corpo sen mans
e un río seco
tempo e tempo atrás
diante, un eco
un corpo sen mans
e un río seco
tempo e tempo atrás
diante, un eco
un corpo sen mans
e un río seco
tempo e tempo atrás
diante, un eco
un corpo sen mans
e un río seco
un corpo sen mans
e un río seco
un corpo sen mans
e un río seco
letras aleatórias
- letra de solamente yo - tomás gari
- letra de loving you - sibren
- letra de hot buns (the sequel to the theme of the sequel to top gun) - love songs
- letra de my life me theme - skye sweetnam
- letra de donde estas - flypvulo
- letra de parasite - kaskade
- letra de moved on ft. rexx life raj - loe gino
- letra de el aguante - rechazo
- letra de closed curtains - antoine davis
- letra de labels / divisions - rakz radiant