letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de cultura crítica - nao galiza

Loading...

gz
unha cultura da crítica ridícula
unha cultura da envexa máis submisa
lacaios progres gozan sendo fariseos
na súa miseria paletismo e postureo

trátannos como tratan as aldeas
o caché dos de fóra non o regateas
rimas incendiarias non pirómanas toma xa
leis autoritarias, sociedade autómata
cultura de base deixa que arrase, wow
castelao rimando nunha base
sube isto a tope que vas ver
sondarúa rimando co jasper
buscabamos forza pola beira
viñeron as tanxugueiras
cada un conta según vai a feira
e o que nos conta o goberno xa cheira

hoxe danzamos na calor
erguendo xuntas unha voz
dunha cultura propia e libre!!!
somos na vella un alalá
no pub un punk no barrio un rap
cultura crítica
a voz do pobo!!!

somos cultura crítica política
orgullo propio autoestima e irmandade
cultura alegre na mani cantaremos
nas festa da galiza, queremos galego!!

a poetisa que tatúa cos seus versos
“non coñezo maior patria que o teu nome”
o teatro que fai mofa da súa corte
alexandre bóveda enfrontando a súa morte

unha cultura moitos anos perseguida
busca agora uns beizos novos que lle devolvan a vida
a música é unha ferramenta pra darlle saída
a un sentimento que dentro xa ves non ten cabida

queiman os montes, secan as fontes
queren das túa moedas como caronte
que agaches ben a cabeza cando eles repriman
cada vez máis forte e somos do norte
o 155 para vós, dicen que a xustiza é lenta
pero se interesa pode ser veloz

hoxe danzamos na calor
erguendo xuntas unha voz
dunha cultura propia e libre!!!
somos na vella un alalá
no pub un punk no barrio un rap
cultura crítica
a voz do pobo!!!

xa non temos fame non imos calare
seguiremos rindo seguiremos a soñare
vivan as matriarcas vivan as foliadas
colle a pandeireta e afinade esas guitarras

xa non temos fame non imos calare
seguiremos rindo seguiremos a loitare
vivan a nosa historia a nosa memoria
a nosa cultura é a nosa maior xoia

xa non temos fame non imos calare
seguiremos rindo seguiremos a cantare
vivan as mulleres querémonos vivas
viva a nosa lingua por sempre unha lingua viva

máis segue habendo quen nega a realidade
como carallo negan a quen busca liberdade?
contra a explotación contra os vampiros
artistas de todo o mundo unídevos!!

tentaron sempre silenciar
quixeron ridiculizar a nosa herdanza
fracasaron na súa misión
saímos a mundo cunha voz
na nosa lingua

hoxe danzamos na calor
erguendo xuntas unha voz
dunha cultura propia e libre!!!
somos na vella un alalá
no pub un punk no barrio un rap
cultura crítica
a voz do pobo!!!

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...