letra de sós - milladoiro
[letra de “sós”]
[verso 1: laura amado]
fomos ficando sos
o mar, o barco e mais nós
roubánronnos o sol
roubánronnos o sol
[verso 2: laura amado]
o paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sen marco
áxiles cadros sen marco
[coro: laura amado]
as nosas soedades
veñen de tan lonxe
as nosas soedades
como as horas do reloxo
[verso 3: laura amado]
roubáronnos o vento
aquel veleiro que se evadiu
pola corda frouxa do horizonte
pola corda frouxa do horizonte
[verso 4: laura amado]
este océano desatracou das costas
e os ventos da roseta
orientáronse ao esquenzo
orientáronse ao esquenzo
[coro: laura amado]
as nosas soedades
veñen de tan lonxe
as nosas soedades
como as horas do reloxo
[instrumental]
[coro: laura amado & mafalda arnauth]
as nosas soedades
veñen de tan lonxe
as nosas soedades
como as horas do reloxo
[verso 5: laura amado]
pero tamén sabemos
a man0bra dos navíos
que fondean a sotavento
a sotavento dunha singradura
[verso 6: laura amado]
no cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora
o cadáver do mar
fixo do barco un cadaleito
[verso 7: laura amado & mafalda arnauth]
fume de pipa, saudade
noite, silencio, frío
e ficamos nós sos
sen o mar e sen o barco, nós
sen o mar e sen o barco, nós
sen o mar e sen o barco, nós
sen o mar e sen o barco, nós
sen o mar e sen o barco, nós…
letras aleatórias
- letra de you oughta know - our last night
- letra de overture - charlie puth
- letra de imagination - raph kirdon
- letra de mad love. - jojo
- letra de go there - zj mission
- letra de rougher than an animal - demon boyz
- letra de nü romantics - letlive
- letra de ruby (panda freestyle/parody) - j-wong
- letra de pop master - 水樹奈奈
- letra de dirt - the squids