letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de tebras da montaña - lóstregos

Loading...

escuro gardián das aguas
ás portas da montaña
dende os confíns a súa entrada garda
carraxe e bravura pra rompe-las
ligaduras das súas ataduras

empúrranos
ao interior da eterna escuridade
resplandor da débil chama que nos guía en soidade

ante os nosos ollos
o lugar no que antes chamábamos fogar
agora so morte atoparás

longa viaxe de non retorno
a través das reliquias dun pobo
pasos que nos guían
cara unha linhaxe
que defendeu a súa honra
contra as fauces do horror

bágoas de desacougo
tambores no profundo
hora de ergue-los escudos
arcaico berro, devanceiros!
bater das tebras do antigo mundo
pavor de lume e finamento
conxuro de chama imperecedoira
protéxenos de tales males

traxedia e pesar polos caídos
tempo de proseguir
os nosos camiños

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...