letra de a chaqueta de lana - heredeiros da crus
tiña unha chaqueta de lana
que non atopo na casa
hoxe fai un frío que pela
é cando máis me acordo dela
a chaqueta costou mil pesos
fai quinse anos no estranxeiro
era unha chaqueta mallada
último ghrito na habana
valghame dios, que frío fai
valghame dios, e onde vai
non sei si a roeron os ratos
porque no armario hai uns trapos
-“tranquilo meu fillo a chaqueta
levouna teu tío á outra festa”
-“hai mamaíña que susto
eu casi morro co disjusto
agora xa sei que está salva
a miña chaqueta de lana”
valghame dios, que frío fai
valghame dios, cando ma trae
era unha chaqueta mallada
cunha etiqueta na espalda
último ghrito na habana
a miña chaqueta de lana
non era só para os domingos
era para por a diario
aínda que tiña remendos
eu a coidaba con gharbo
era unha chaqueta mallada
cunha etiqueta na espalda
último ghrito na habana
a miña chaqueta de lana
non era só para os domingos
era para por a diario
aínda que tiña remendos
eu a coidaba con gharbo
letras aleatórias
- letra de shout it out - vital empire
- letra de bless this mess - the rizzos
- letra de secrets - lumé (chicago)
- letra de egologia - dr. estranhoamor
- letra de black - btf drippy
- letra de toujours en mouvement - mové sort
- letra de idziemy - pięć dwa
- letra de rebirth - the secret experiment
- letra de culpable (discoperfecto) - alejandro slay
- letra de na de na (remix) (part. kenia os) - fernanda mx