letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de zocos - guadi galego

Loading...

[letra de “zocos” ft. guadi galego]

[verso 1]
tomei o camiño máis longo
máis longo pra chegar a ti
díxenche “pónteme esperto
que non podo ver a súa fin”
topeime nun buraco estreito
vin que non podía saír
pasaron os meses de inverno
seguía sen ver a súa fin

[retrouso]
un ruído pousouse na cama
tremín polo soño que estaba a durmir
de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min
ás costas, tornouse una chaira
o campo das flores que veñen de abril
os pasos que din esa noite
mudaron a historia que estaba a escribir

[verso 2]
esperto da noite máis longa
o soño que me fai sorir
as flores no campo da estrela
parece que cheira a xasmín
as miñas mans polo chan
a chaira inmensa sen fin
os zocos locen na entrada
e ti xa non eres pra min
[retrouso]
un ruído pousouse na cama
tremín polo soño que estaba a durmir
de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min
ás costas, tornouse una chaira
o campo das flores que veñen de abril
os pasos que din esa noite
mudaron a historia que estaba a escribir

[interludio]
non quixera morrer sen conducir un coche no deserto, saltar á corda na brisa dun luns saíndo dun after con toda a resaca que s-xa posible, pedir un cigarro á señoras da praza que venden repolos en cestas de vime, quitar os zapatos e correr rúa abaixo berrando “estou asimétrica”, que non tomo menciñas nin coca-cola light, que te preciso coma nunca ou “sei que te quero como os personaxes que morren nos filmes; xusto despois de descubrir o amor, nesa caída de pálpebras na que todo semella inxusto e fermoso á vez”

[outro]
de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min
nesa caída de pálpebras na que todo semella inxusto e fermoso á vez

de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min
de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...