letras.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

letra de melancolia - dios ke te crew

Loading...

“creo que a conciencia humana é un tráxico erro da evolución. volvémonos demasiado conscientes de nós mesmos. a natureza creou un aspecto da natureza afastado de si mesma, unha criatura que non debera existir, segundo as leis naturais
pero iso soa…”
—–
sokram:
e faille caso a mathew, somos un erro
na evolución deste penedo polo universo
estate tranqui ti que xa virá o pedrusco
a estamp-rs- contra nós e a rematar o asunto

toma! tomaches polo cú
humano egocéntrico, non eras tanta crew…
fin da historia, fin da memoria
ombligo do mundo, quedácheste sen mundo

mudo….
apunta esta fobia:
un medo profundo cara un fin absoluto
melancolía. e non é unha teoría
tarde ou cedo pasará e non haberá escapatoria…

medo…
non hai medo máis certo que a morte dun mesmo
a morte da especie…
borrados do universo e fin do contexto
borrados do universo e fin do contexto

—-

“poderíaseme considerar un realista, pero en termos filosóficos son o que se chama un pesimista
ah, vale… e que significa iso?
que son malo nas festas…”

—-

jamas:
quen es? de onde ves? a onde vas?
son tres as preguntas que te fas
se tes algo para merendar, se non nada…
as dúbidas mellor ca panza saciada

vimos dun polvo e polvo seremos
fugaces hóspedes no hostal do cosmos
será mellor crer en anxos e demos
nos santos…, ou nas arrugas dos meus huevos?

é o de menos, xa sabes do que falo
o que importa disque é ter algo onde agarrarnos
distintas eras, mesmas cuestións
segue sen haber maneira de esquivar a extinción

un cuesco solar fai de nós un churrasco
terremotos, tsunamis, un bo chuvasco
meteoritos, volcáns, donald trumps…
o capital detonará a destrución total

—-
a terra é cruel. non debemos chorar por ela. ninguén a botaría de menos…
—-
møu:
viaxamos á deriva nesta espiral de misantropía
utopía da evolución
miopía de sociedade, involución
sabedoría da deusa da destrución

a vida ven sentenciada a morte
e nós buscando o norte camiñando cara o sur
di abur a este tour polo cosmos
foron en balde os esforzos
de seguir os pasos nesta danza polos astros

seguir o rastro do basto universo
dende o inmenso do castro
somos o erro do sistema, códigos errados
escollos do camiño, estorbos ac-mulados

mellor viaxar a través de gargantúa
buscar outro sistema, outro sol, outra lúa
outras dimensións…, na procura
de atopar unha cura para esta loucura

letras aleatórias

MAIS ACESSADOS

Loading...