letra de a envexa - loita amada
[verso 1]
vou dicir dúas cousas estade atentos que vou comezar
este tema está feito para non pensar
adaptarnos aos tempos é o que pensamos facer
aínda así vou tentar que poida rimar
pensei en facela directamente con chatgpt
que falara da envexa ou da famosa procrastinación
pero deume vergoña facela co móbil ou co ordenador
aquí vai o retrouso que fala de todo pra nada dicir
[retrouso]
todo cambia o mundo xira
hai verdades e hai mentiras
hai calumnias invertidas
hai amor e hai odio
todo cambia o mundo xira
hai argumentos e hai paridas
hai entradas e hai saídas
hai listos moi parvos
[verso 2]
agardo que esta estratexia nos f-ga chegar
que o algoritmo do spoti nos poña a sonar
que o son do camiño nos deixe este ano tocar
e cos cartos da xunta nos queiran pagar
estamos nos tempos nos que un cantante non ten que cantar
tempos escuros nos que a letra non ten intención
usando a fórmula que se usa pra as apps
que s-xa directo e que non involucre á imaxinación
[retrouso]
todo cambia o mundo xira
hai verdades e hai mentiras
hai calumnias invertidas
hai amor e hai odio
todo cambia o mundo xira
hai argumentos e hai paridas
hai entradas e hai saídas
hai listos moi parvos
letras aleatórias
- letra de arium empire - haiden gonzalez
- letra de cancro - izaya [ita]
- letra de mcpoop freestyle remix - mentally ill music
- letra de ultraviolence (disciples remix) - lana del rey
- letra de christmas tree (it snows) - sockhampton
- letra de boxing night - bossman dlow
- letra de lottery - elyzn & blxxk
- letra de lavanda - rymer
- letra de von dir und mir - karen
- letra de your dumb - english 40